Participaron nesta quinta edición un total de 86 nenas e nenos
Ecos da Comarca/Silleda
O DéporCampus Cabreiroá de Silleda pechou este venres a súa quinta edición coa entrega de premios e diplomas aos rapaces e rapazas participantes, que recibiron tamén as felicitacións da alcaldesa, Paula Fernández, e da concelleira de Educación, Ángela Troitiño.
Publicidade
Estas xornadas deportivas e formativas, organizadas pola Fundación R.C Deportivo da Coruña, realizáronse dende o pasado luns 8 ata onte, 12 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas no campo de fútbol municipal de Outeiriño-Joselu Mato.
Publicidade
Participaron un total de 86 nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, unha cifra maior que a do ano pasado. Dende o Concello de Silleda agradécese á Fundación RC Deportivo que continúen apostando polo municipio con esta actividade, que se celebra dende o ano 2019 nos campos municipais silledenses.
Comments