Remata con tres persoas feridas unha colisión en Santiago con dous coches implicados
- ecosdacomarca
- 9 nov 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral

Dos tres feridos, dous necesitaron ser trasladados ao centro hospitalario de referencia, mentres un terceiro recibiu atención médica no lugar do accidente.
Lonxe do que se pensaba incialmente, as persoas implicadas neste accidente saíron dos vehículos sen a axuda dos bombeiros.
Publicidade
Malia que se desprazaron ao lugar dos feitos, os efectivos do parque municipal descartaron actuar ao comprobar que os feridos xa estaban fóra dos coches. A dúbida inicial produciuse debido a que, tras o choque entre os dous turismos, un deles quedou semi envorcado. Deste maneira, pensouse que os ocupantes podían estar atrapados.
Finalmente, as persoas saíron e foron atendidas polo equipo médico. En total, foron tres os feridos, dos cales dous foron evacuados e un atendido no punto.
A información sobre este accidente chegou ao 112 Galicia pouco antes das nove desta mañá mediante a chamada dun alertador. A partir de aí, activáronse os protocolos correspondentes para a mobilización dos seguintes recursos: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Santiago, Garda Civil de Tráfico e Policía Local.
Publicidade
Cómpre indicar que o choque produciuse na parroquia de Enfesta, na estrada que enlaza o aeroporto con Sigüeiro.
Comentários