top of page

Remata a mellora do acceso dende a AC-240 aos núcleos de Oca de Arriba e Oca de Abaixo, en Touro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A intervención da Xunta, cun investimento de máis de 48.000 euros, reforza a seguridade no acceso a estes núcleos desde a marxe esquerda da vía, á altura da Maroxa, cun importante tránsito de maquinaria agrícola


Laura Moure/Touro

A Xunta vén de rematar as obras de mellora do acceso desde a estrada autonómica AC-240 aos núcleos de Oca de Arriba e Oca de Abaixo, no concello de Touro. Esta intervención, cun investimento de máis de 48.000 euros, centrouse na mellora da seguridade viaria no acceso a estes núcleos de Oca de Arriba e Oca de Abaixo desde a marxe esquerda da estrada, no punto quilométrico 5+490, á altura da Maroxa.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información do evento.

A intervención permitiu reforzar a accesibilidade e a seguridade nesta zona con elevado tránsito de maquinaria agrícola.


En concreto, executáronse carrís de aceleración e deceleración, cun ancho de 3,50 metros para cada un, de modo que se adecúan as velocidades dos vehículos que transitan pola AC-240 e os que accedan á vía desde Oca de Arriba e Oca de Abaixo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A construción do acceso non interferiu coa drenaxe superficial ou profunda da calzada, xa que se lle deu continuidade ao actual mediante un canlón de seguridade de formigón, coas arquetas intermedias necesarias e as bocas cubertas por reixas inclinadas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page