top of page

Remata a II Liga de Pádel de Melide cunha participación un 67% superior á primeira edición

As tres primeiras parellas de cada categoría recibiron o seu trofeo e bolsas de material deportivo


Laura Moure/Melide

A segunda edición da Liga de Pádel de Melide vén de rematar tras unha tempada que contou coa participación de vinte parellas, o que supón oito máis que na primeira edición, ou o que é o mesmo, un incremento dun 67%. Os gañadores desta II Liga, distribuída en dúas divisións con ascensos e descensos, recibiron un trofeo conmemorativo e unha bolsa de material deportivo de agasallo.

Na 1ª División da Liga de Pádel resultou gañadora a parella conformada polos xogadores

Ico Pampín e Pablo Remeseiro. Os segundos na clasificación foron Javier Casal e Javier

Blanco, e a terceira parella foi a de Dani Cabo e Martín Conde.


Pola súa banda, na 2ª División, o podio foi para as parellas Jim e Suso, Óscar e Sergio, e

Marcos Costoya e Marcos Sánchez.

Preme na imaxe se queres obter máis información deste evento.

O sistema de dúas divisións foi a maior novidade desta segunda edición, producíndose

ascensos e descensos entre categorías a metade da tempada.


O concelleiro de Deportes, José Prado, subliñou que "un ano máis a participación na Liga

foi moi notable e que, tal e como reclamaron as parellas participantes, a Liga de Pádel

celebrará a súa terceira edición a partir do vindeiro outono". O edil considerou que “esta

segunda edición da Liga culmina o proxecto que nos últimos anos levamos a cabo para

pór en valor as instalacións deportivas, comezando coa automatización do sistema de

reserva de pista, que facilitou e disparou o uso das instalacións. Outras medidas, como a delimitación do recinto das pistas polideportivas, tamén consolidaron a práctica do pádel, un deporte que ten en Melide unha referencia tamén para concellos limítrofes que non contan con este tipo de instalacións".

“A nosa valoración desta edición é extraordinariamente positiva”, resumiu o edil, que quixo agradecer a participación destes 40 deportistas e a colaboración, un ano máis, de Jim Sports.





Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page