Reguera visita ás obras da substitución parcial de colectores no Polígono Industrial do Camballón
- Laura Moure

- 3 dic
- 1 Min. de lectura
“Non só mellorará a capacidade da rede de saneamento, senón que tamén contribúe de maneira significativa á protección do medio ambiente”, sinala o rexedor cruceño
Laura Moure/Vila de Cruces
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou onte as obras da fase 2 da substitución parcial de colectores no Polígono Industrial do Camballón,
acompañado polo alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, e membros da corporación
municipal.

Esta intervención busca mellorar a capacidade da rede de saneamento e optimizar o servizo, evitando verteduras ao medio ambiente e asegurando un sistema máis eficiente e
sustentable para a zona industrial. A actuación, que forma parte dun plan global de mellora, ten como obxectivo adaptar a infraestrutura ás crecentes necesidades do polígono.
Publicidade
Cun orzamento de 117.000 euros, esta obra supón un avance na mellora da calidade e na
creación dunha contorna industrial máis moderna e respectuosa co medio ambiente.
O alcalde, Luis Taboada, agradeceu á Xunta de Galicia, e en especial ao delegado territorial, a súa implicación no proxecto de mellora da infraestrutura do Polígono Industrial
do Camballón. “A visita de hoxe, na que puidemos ver as obras realizadas, é un reflexo do
compromiso coa modernización e optimización dos servizos na nosa localidade. Esta
actuación non só mellorará a capacidade da rede de saneamento, senón que tamén
contribúe de maneira significativa á protección do medio ambiente” –sinalou onte o alcalde–.
Publicidade
A instalación dos novos colectores verten á depuradora municipal, conectada na fase anterior do proxecto, a rede de saneamento xeral.








Comentarios