Regreso do programa Silleda Camiña, que continuará ata xuño
- Laura Moure

- 7 mar
- 1 Min. de lectura
Será os lunes e xoves de cada semana
Laura Moure/Silleda
O programa Silleda Camiña, con andainas biosaudable, abertas a todas as persoas interesadas, voltou onte con rutas guiadas guiadas dende o pavillón municipal César G. Fares, que se celebrarán dous días a semana: o luns pola tarde (de momento ás 17:00 horas con cambios previstos en cando mude o horario a final de mes) e os xoves ás 10:00.

Todas as persoas que estén interesadas en participar poden recibir máis información no Concello de Silleda (departamento de Deportes) ou remitir un mail cos seus datos a deportes@silleda.gal Este programa, que se puxo xa en marcha en 2021 dende os departamentos de Deportes e Turismo para fomentar hábitos saudables, os desprazamentos a pé e tamén o coñecemento de espazos turísticos, volta para seguir mellorando a saúde da cidadanía.
Publicidade
Neste marco, e de xeito transversal, o programa vaise a diversificar tamén este ano cunha nova iniciativa, que tamén arrancará en marzo. Esta actividade contará novamente ca colaboración do Centro de Saúde de Silleda. Así, na xornada do vindeiro luns día 10, o seu personal encargarase de tomar parámetros antropométricos e constantes ás persoas participantes, ademais de realizarlles un cuestionario sobre alimentación.
Publicidade
Dende o Concello de Silleda agradécese a participación así como a colaboración do persoal do Centro de Saúde de Silleda.








Comentarios