Están promovidas por José García e Inés Pérez e contarán coa visita de Papá Noel e tamén a maxia será protagonista
Laura Moure/Deza
Continúan as campañas solidarias promovidas por José García e Inés Pérez. Neste caso, falamos de dúas recollidas de xoguetes en bo estado que terán lugar en Lalín e na parroquia sillendense de Laro de onde é natural García. Ademais, contarán coa visita de Papá Noel e a maxia tamén será a protagonista.
Así o 17 de decembro terá lugar esta recollida en Calzados López, de Lalín, negocio que colabora con José García e Inés Pérez. Os interesados poderán despositar os xoguetes nesta tenda de 10:00 a 20:00 horas e ademais, a partir das seis da tarde contarán cunha visita moi especial: a de Papá Noel. Todo o recadado destinarase ao desván municipal.
Mentres en Laro terá lugar ao día seguinte, o 18 de decembro. Será no centro social ás 18:00 horas porque a esta hora comezará un espectáculo de maxia, con entrada gratuíta, a cargo de José García, porque García ademais de ter un espíritu solidario con MAIÚSCULAS tamén é un GRAN MAGO. Neste caso, Garía e Pérez contan coa colaboración do Concello de Silleda e da Asociación de Veciños de Laro e todo o recollido irá destinado ao programa Silleda Solidaria.
Commenti