Esta iniciativa solidaria está organizada polo veciño de Laro José García
Laura Moure/Silleda
As ganas por axudar aos demais son as que fan que o veciño de Laro José García organice distintas iniciativas solidarias. A última consiste na recollida de libros en Silleda a favor da Asociación Española Contra o Cancro. Esta campaña arrancou este venres e prolongarase ata o 16 de abril.

Recóllense tanto libros novos como usados, pero por suposto que estén en bo estado. Sen embargo, non se admitirán enciclopedias. Estes serán destinados ao mercadillo do libro solidario que se celebrará os días 23 e 24 de abril na Praza Juan Salgueiro de Silleda e todo o recaudado irá destinado á Asociación Española Contra o Cancro.
Puntos de recollida
As persoas interesadas en facer as súas doazóns poderán facelo na tenda De Cores e na Panadería Luis Mella, ambos en Silleda, e na Bandeira en Alecrín Agasallos e na Tenda de Maica.
Pódese obter máis información no teléfono 681 198 383.
Comments