top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Recibidas as obras de remodelación da pista de Balántiga ata o cemiterio de Escuadro

O investimento total neste novo tramo foi de 110.102 euros


Ecos da Comarca/Silleda

A alcaldesa e concelleira de Urbanismo de Silleda, Paula Fernández; o concelleiro de Vías e Obras, Antonio Losada; o xefe de obras do Concello e o director desta obra de mellora, visitaron os traballos xa finalizados de reforma integral do vial de Balántiga, na parroquia de Escuadro. Esta actuación foi adxudicada á empresa Construcciones y obras Taboada Ramos, S.LU., cun investimento total de 110.102 euros.

Trátase da pista que vai dende o lugar de Balántiga ata o cemiterio parroquial, unindo esta localidade ca estrada provincial EP-6515. A mellora do tramo, de case un quilómetro de lonxitude, vén a completar a actuación realizada a través do Plan Marco da pista anterior, dende a estrada Nacional a Balántiga, con obras executadas en 2021.


Publicidade

A obra que foi certificada este venres, realizouse nun viario que acusaba un notable deterioro e que se atopaba nunha zona onde se concentran varias explotacións agrogandeiras. Con esta actuación mellorouse toda a capa de rodadura desta pista, entre outras melloras.


Publicidade

Nos últimos anos a través deste programa da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) executouse a mellora dos viais de Balántiga e Cumbraos (en Escuadro), o de O Castro-Negreiros e Portapiñeiro, na parroquia de Piñeiro.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page