top of page

Recepción en Silleda aos equipos de kung fu tralos éxitos da tempada

Laura Moure/Silleda

A alcaldesa, Paula Fernández, e as concelleiras de Deporte, Mónica González, e de Educación, Ángela Troitiño, recibiron este luns no Salón de Plenos da Casa do Concello aos alumnos e alumnas da escola de kung fu, logos dos grandes resultados acadados a pasada tempada.


Así, ao campionato galego e provincial, suma un novo palmarés no Torneo Ibérico celebrado a finais de xuño en Tui.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O equipo cinturón verde infantil quedou segundo na súa categoría, logo de proclamarse campións no galego. Esta formado por Mariña Breijo, Alexia Ferro, Miranda Montoto, Violeta Garnica, Roberto Presas e Sara Rodríguez.


O equipo de cinturón laranxa infantil (que fora subcampión galego) e formado por Noela Fernández, Rosalía Pena, Daniela Pérez, Nazaret Lamas e Ainara González, tamén subiu ao pódium en Tui, cun terceiro posto.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Paula Fernández destacou o traballo realizado e parabenizou en nome da veciñanza aos nenos e nenas da Escola.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page