O alcalde, Manuel Cuiña, recibiu aos grupos de Alemania, Italia e Rumanía que integran o proxecto Refugee xunto co centro silledense e que estarán durante esta semana na vila
Laura Moure/Silleda
O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, recibiu este mércores ao grupo de estudantes do programa Erasmus que está a convivir esta semana en Silleda co alumnado do IES Pintor Colmeiro. A expedición está formada por alumnado e profesorado de centros de secundaria de Alemania, Italia e Rumania, que participan xunto co centro silledense no programa Refugee, abordando a temática dos refuxiados e a emigración baixo os parámetros da Axenda 2030, que promove a igualdade, a integración e a non discriminación.
O alumnado silledense estivo xa o pasado mes de maio visitando estes países. O grupo coñeceu lugares de Silleda como o Mosteiro de Carboeiro ou a Fervenza do Toxa.
Dende o Concello de Silleda o alcalde felicitou ao centro silledense por participar nesta iniciativa que permite á xente nova viaxar e coñecer novas culturas e países.
Comments