top of page

Recepción ao alumnado silledense que viaxará a Bruxelas a coñecer as institucións da UE

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

Un grupo de alumnas e alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do CPR María Inmaculada de Silleda foi recibido onte no Concello de Silleda antes da súa partida o vindeiro luns cara a Bruxelas. O goberno municipal, encabezado por Paula Fernández Pena, recibiu aos mozos e mozas que terán a oportunidade de coñecer as distintas institucións europeas, entre elas o Parlamento, e entidades como a Casa da Historia Europea, da man do eurodiputado Nicolás González Casares.

Durante a recepción, na que a través dunha videochamada o eurodiputado lles adiantou algúns dos centros que coñecerán a vindeira semana, nunha viaxe de 4 días, os alumnos e alumnas tamén tiveron a oportunidade de realizar preguntas ao goberno local sobre o funcionamento da entidade local.


Paula Fernández que tamén comentou co grupo algúns dos proxectos que se están a desenvolver en Silleda no marco da estratexia europea da Axenda 2030, caso das comunidades enerxéticas, animou ao alumnado silledense a desfrutar a viaxe, ca que tamén visitarán cidades como Bruxas ou Gante, e coñecer en profundidade o funcionamento das institucións e entidades da Unión Europea.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende o centro educativo silledense agradeceron tamén a oportunidade que se lles brinda con esta expedición.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page