Realizan tarefas de mantemento nos campos de Outeiriño e na Gandareira, en Silleda
- ecosdacomarca
- 23 mar 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
A Deputación de Pontevedra volve a colaborar un ano máis nas tarefas de mantemento dos campos de fútbol do municipo de Silleda. Así, nos últimos días realizáronse distintos traballos nos terreos de xogo de Outeiriño, en Silleda, e na Gandareira, na Bandeira, co descompactado do caucho e o peinado do campo. Está previsto que nas vindeiras semanas se acometan as tarefas de mantemento nos outros dos campos, neste caso de herba natural, sitos nas parroquias de Lamela e de Laro.
Dende o Concello a responsable municipal do departamento de Deportes, Mónica González, agradece a colaboración do organismo provincial na realización destas tarefas cos que se realiza o mantemento nos catro campos de fútbol do municipio.

Commentaires