top of page

Reabre o ximnasio de Cruces cun espazo ampliado e modernizado para dar servizo a máis de 240 usuarios

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O proxecto contou cun orzamento total de 48.399,71 euros, dos cales 3.094,06 euros corresponden a unha achega municipal e os restantes a unha subvención da Deputación


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces estreou o seu renovado ximnasio municipal, que abriu a súas portas o pasado3 de febreiro. A instalación, situada na rúa Centro Medico nº 2, foi actualizada cunhas obras de ampliación e modernización do espazo para que as persoas usuarias poidan exercitarse en condicións óptimas de comodidade e seguridade.

O Concello de Cruces aposta polo deporte e as actividades sas da poboación, tal e como sinala o goberno local. "Somos sabedores do interese que esperta entre a veciñanza dispor de boas instalacións e de horarios amplos que faciliten a conciliación co traballo e coa familia. Seguiremos por este camiño de vida saudable no rural", segundo afirma o alcalde de Cruces, Luís Taboada.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O proxecto contou cun orzamento total de 48.399,71 euros, dos cales 3.094,06 euros corresponden a unha achega municipal e os 45.305.65 euros restantes a unha subvención concedida pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.


As máis de 240 persoas usuarias que ten actualmente o ximnasio poderán adestrase nas novas salas de musculación, de actividades dirixidas e de deportes de contacto. O responsable do ximnasio, Moncho García, explica que a sala de musculación dispón de máquinas de pesas, peso libre e máquinas para o adestramento cardiovascular. Recentemente, investíronse máis de dez mil euros na renovación de parte do material

e na adquisición de novas máquinas.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A sala de actividades dirixidas tamén mellorou o seu espazo para que os inscritospoidan dar comodamente clases de pilates, zumba e adestramento funcional. O mesmo acontece na sala de deportes de contacto, cun novo cadrado de 12x12 metros, onde se desenvolven as clases de kick boxing e os adestramentos do Club de loita Keltoi e do

Club Kung-fu Zen de Vila de Cruces.


Ampliación horaria

Outras das melloras do ximnasio municipal foi a ampliación do seu horario desde o pasado mes de outubro, abrindo en horario de mañá, de luns a venres desde as 10:00 ata as 13:00 horas; e en horario de tarde de 17:00 a 22:00 horas, agás os venres que se abre de 16:00 a 21:00 horas.


Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page