Raquel Fernández, Rocío Leira e Alejandra Barco gañan o Premio de relato sobre a Igualdade de Melide
- Laura Moure
- 17 may 2021
- 1 Min. de lectura
Alba Sánchez Ares recibiu unha mención especial e presentáronse un total de 28 obras
Laura Moure/Melide

O Concello de Melide deu a coñecer hoxe as obras e autoras premiadas do I Premio de relato Curto en prol da Igualdade do Concello de Melide. Presentáronse 28 obras. As gañadoras son Raquel Fernández, Rocío Leira e Alejandra Barco.
O xurado do dito premio estivo formado polos seguintes membros: como presidenta Carmen María Liñeira Sánchez, como secretario Joaquim Vázquez Rodríguez e como vogais Gloria Rodríguez Íñiguez, Marga Quintela Gómez e Francisco Veiga García. Por unanimidade, e segundo as bases que rexen o dito premio literario, premiaron os seguintes relatos curtos:
Primeiro premio, cunha contía económica de 350 euros, para o relato curto Medrar sen présa, de Raquel Fernández Fernández, de Pontevedra.
Segundo premio, cunha contía económica de 200 euros, para o relato Flor en cativerio, de Rocío Leira Castro, de Cee (A Coruña).
Terceiro premio, cunha contía económica de 150 euros, para o relato Lembranzas dun cabelo crespo, de Alejandra Barco Tojo, de Boimorto (A Coruña).
Así mesmo, o xurado quixo recoñecer cun accésit ou mención especial o relato Das nosas, da autora Alba Sánchez Ares, de Santiago de Compostela
Comments