Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Ramos cualifica de “sablazo económico aos silledenses” o novo aparcadoiro da rúa Progreso

Ecos da Comarca/Silleda

O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, sae ao paso ante as declaracións do Executivo local na inauguración do aparcadoiro da rúa Progreso. Insiste ao Consistorio que “prescinda” dunha vez por todas de “gobernar con falsas verdades”.


"O mandatario recoñece moi disimuladamente que o convenio do Concello coa propiedade da parcela, está limitado ao seu mandato (xusto o tempo restante para os comicios electorais nos municipios. Isto quere dicir que crearon un “convenio familiar” con fins políticos", considera Ramos. “Estannos racionando o tempo dos aparcamentos”.


Isto implica que, segundo cre Contigo Silleda, de cambiar o equipo de goberno dentro de dous anos, quedaría en mans da propiedade o uso como aparcamentos públicos no municipio (podendo entrar en desacordo cun novo goberno e modificar ou prescindir o uso) unha estratexia política familiar “moi retorta e con moita maldade” para a veciñanza.


Recalca que existen outros contratos de cesión de parcelas, que tamén deixan en mans da propiedade o seu uso como aparcamentos públicos. (María Colmeiro e Cartaxena). “Pan para hoxe e fame para mañá”, apunta. "Silleda quedaría de novo sen zonas para aparcar. Temos como referencia o Campo de Golf. Pechado e en mans da propiedade".


Ramos critica que a superficie do aparcadoiro non quedase regularizada, e cun sistema de drenaxe, canalización e evacuación das augas pluviais acoutado e deseñado, que permitan en épocas de choivas manter a zona sen barrizais, charcas de auga e mesmo inundacións da parcela. "O sistema está feito para xustificar algo, non para realizar a función que lle corresponde. Os 25.000 euros non están xustificados. Aos que hai que sumar a factura anual de iluminación da zona, mantemento, cartelería e outros medios, que corren a cargo do Consistorio. O Aparcadoiro non é gratis", apostila Ramos.


Contigo Silleda insta ao Concello que antes de dous anos promova a execución dun aparcadoiro de titularidade pública para garantir o servizo de aparcamento, "que realmente só dispoñemos cun tempo limitado de dous anos, para forzar a continuidade do actual goberno ou a vontade da propiedade. Quérennos limitar os servizos públicos", conclúe.

39 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE