top of page

Rally de menos a máis de Ramos e Moure no Sur do Condado

Ecos da Comarca/Deza

Salvaterra de Miño acolleu unha nova edición do Rallye Sur do Condado. A quinta proba do Campionato Galego de Rallyes disputouse baixo un sol infernal e unhas temperaturas que roldaban os 40ºC na comarca do Baixo Miño. Seis foron as especiais que conformaron a proba, que ademais de percorrer o propio concello de Salvaterra, as de Mondaríz, Ponteareas, Mos, Arbo e Salceda conformaron un itinerario que superou os 400 quilómetros, sendo os 107, cronometrados.

Foto arquivo.

Co Renault Clio N5 xestionado por ArVidal Racing máis da man de Ramos, o equipo dezano formado Javier Ramos e Álex Moure por comezou a cita en Pontevedra cun bo ritmo de carreira, clasificándose dende o primeiro momento entre os cinco mellores da Copa N5.


É a partir do segundo bucle, e tralo paso polo Parque de Traballo, cando Ramos e Moure se senten máis cómodos na montura francesa e conseguen situarse con frecuencia no podio da Copa N5. O ritmo neste segundo bucle xa era case 1 segundo por km mellor que no primeiro. Este ritmo permite ao Disiclin Racing realizar varios Scratchs dentro da Copa N5, así como acadar un 3º posto na Clasificación Xeral en Salceda-2.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

A piques de saír ao último bucle, o equipo dezano atopábase con opcións de loitar polo 5º

posto da xeral, e polo segundo posto na Copa N5. Os irmáns Iglesias (Ford Fiesta N5) estaban 12 segundos por diante a falta de 27 quilómetros para o final.


Non obstante, a aparición de síntomas de cansanzo extremo no equipo dezano, provocado

polas altas temperaturas que se soportaron durante todo o día no interior do coche (uns

55ºC), levou a Ramos-Moure a decidir que a mellor opción era non asumir riscos innecesarios abandonar a proba.


“Foi un rallye no que melloramos moito co Clio N5 e marcamos un bo ritmo dende o comezo. A calor foi insoportable todo o día e pasounos factura. Decidimos parar cando tiñamos opcións de conseguir un bo resultado, pero foi a mellor opción”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page