top of page

Rafael Cuiña concederá 100.000 € anuais a becas para que os mozos estuden idiomas no estranxeiro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

O candidato de Compromiso por Lalín, Rafael Cuiña, anuncia que incluirá no seu programa electoral unha proposta para garantir que o Concello destine cando menos 100.000 euros anuais á posta en marcha de becas facilitar que os mozos e mozas de Lalín poidan estudar idiomas no estranxeiro durante o verán.

Esas axudas irán destinadas a estudantes de calquera dos centros educativos do municipio ou da Escola Oficial de Idiomas, con preferencia para aquelas persoas con rendas máis baixas ou maiores dificultades económicas, segundo os baremos que se establecen para outras convocatorias municipais deste tipo.


O modelo de axudas estableceríase en contacto directo coas necesidades destes centros, tendo en conta que os intercambio con outros países forman parte da súa actividade habitual ao longo do curso académico. Cuiña explica que a posta en marcha destas becas resulta crucial para ampliar a formación e o desenvolvemento da nosa mocidade, ao tempo que adquiren e reforzan competencias nun mundo cada vez máis globalizado.

“O perfeccionamento habilidades lingüísticas en inglés, francés, ou italiano, por exemplo, mellora de maneira considerable as súas posibilidades de emprego, tendo en conta que o proceso de internacionalización das empresas está a ser unha tendencia imparable nos últimos anos”, manifesta.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Neste sentido, estudar un idioma en contacto directo co ambiente e a xente que o fala permite aos estudantes unha inmersión total na lingua e na cultura do lugar, o que é fundamental para adquirir habilidades lingüísticas avanzadas. A maiores, a experiencia de estudar no estranxeiro é altamente valorada polos empregadores, como mostra de coñecemento profundo dun idioma, así como de adaptación, flexibilidade e independencia.


Deste xeito, con estas bolsas para o estudo de idiomas no estranxeiro en períodos como o verán, o Concello non só promovería o intercambio cultural, senón que tamén resulta fundamental para o desenvolvemento da carreira profesional dos estudantes. Así, “sentaremos as bases para mellorar as competencias lingüísticas da mocidade, un factor cada vez máis importante nun mundo globalizado e interconectado”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page