top of page

Rafael Cuiña comprométese a construir un auditorio na parroquia de Prado durante o vindeiro mandato

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

Rafael Cuiña anuncia que o programa electoral de CxL para as vindeiras municipais recollerá o compromiso de construír un pequeno auditorio en Prado. Cuiña explica que, de volver ser alcalde, encargará o proxecto no primeiro ano co obxectivo de que esta nova infraestrutura poida estar concluída e en funcionamento antes de que remate o mandato. Preténdese así avanzar na mellora dos equipamentos dunha parroquia pola que “sinto un especial afecto e vinculación ao ser a parroquia de orixe da miña familia”.

Cuiña explica que esa infraestrutura tería características semellantes e un tamaño parecido ao que xa existe en Muimenta, e contribuiría á dinamización cultural e social dunha parroquia dunha longa tradición musical. Alí, por exemplo, desenvolve a súa actividade a banda “A Lira” de Prado e que é, das que existen en Lalín, a única que non conta cun espazo propio adaptado para ensaios e actuacións.

Cuiña informa de que a intención é facelo nunha zona próxima ao CEIP Xoaquín Loriga, o que permitiría ademais que este pequeno auditorio puidese ser tamén utilizado para diferentes actividades da comunidade educativa dese centro. A maiores, incluiría unha zona de estacionamento que daría servizo tanto ao auditorio como ao colexio.


De feito, o candidato de Compromiso lembra que no anterior mandato xa se estiveran valorando, xunto coa alcaldesa de barrio, dúas posibles parcelas próximas ao CEIP para levar a cabo o proxecto. Cuiña salientou a importancia de contar con equipamentos culturais en zonas rurais adaptados ás necesidades da veciñanza. “Non todo o ocio e a cultura deben xirar arredor do casco urbano”, di.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por outra banda, Cuiña tamén se marca como unha prioridade absoluta dar resposta dunha vez por todas ao ancheamento da pista que baixa á igrexa. “Tomaranse as medidas necesarias para que esta demanda da veciñanza se faga efectiva canto antes”, anuncia.

Finalmente, ademais doutras medidas que se recollerán no programa de Compromiso para esta parroquia, Cuiña incide en que tamén se levará a cabo a reforma integral do parque que fai esquina na intersección da nacional 525 e a da estrada EP-6005, que vai ao Corpiño. “Por desgraza atópase nun estado de lamentable abandona a causa da inacción do goberno de Crespo”, critica ante se concluír que “nós faremos que volva ser un espazo funcional e útil para a veciñanza”.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page