top of page

Queremos Parcelarias estima o anuncio do PP, pero agarda que sexa a Consellería quen o confirme

O colectivo agoladés agradece a Seijas e Balseiros a súa intermediación e asegura que estará "vixiante" de que se cumpran os prazos dados pola líder popular


Laura Moure/Agolada

A Asociación Queremos Parcelarias en Agolada saúda e estima "moi positivo" o anuncio feito a fin de semana pola candidata do PP, Mari Carmen Seijas, ao respecto de que a Consellería de Medio Rural vai a retomar os procesos de concentración paralizados no municipio dende fai máis de 12 anos. De todos os xeitos, o colectivo agarda "que sexa a Consellería do Medio Rural, competente na materia, quen confirme o inicio dos estudos de viabilidade previos aos decretos".

Unha concentración en Santiago convocada por Queremos Parcelarias en Agolada.

Membros deste colectivo asistiron aos encontros convocados o pasado sábado polo PP en Agra, Val, Berredo e Basadroa, nos que a candidata popular anunciou que a Xunta “vai facer o estudo de iniciación previo ao decreto das parcelarias a finais de xaneiro ou febreiro”. Segundo dixo Seijas unha vez que se elabore o estudo e pase o trámite de alegacións, a Xunta terá que valorar si decreta ou non a realización destas parcelarias, xa iniciadas e con Declaración de Impacto Ambiental (DIA) dende fai máis de 10 anos.


Queremos Parcelarias agradece "as xestións realizadas pola voceira popular diante da Xunta, así como o compromiso adquirido onte (o luns) en Agolada polo Director Xeral de Ganadería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Medio Rural, José Balseiros, no senso de que el persoalmente trataría coa Directora Xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, confirmar ese anuncio nunha xuntanza coa asociación Queremos Parcelarias".


Concentracións de Sesto e Brocos

Pero asegura a asociación que logo deste anuncio estarán “vixiantes” para que se cumpran os prazos dados por Seijas. Ademais o colectivo lamenta "que no anuncio do

PP da fin de semana non aparecera nada a respecto das concentracións parcelarias pedidas unánimente polos veciños de Sesto e Brocos, parte activa da asociación".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

De todos modos o colectivo considera que, logo do tempo transcurrido das súas demandas e as xestións realizadas diante da Xunta de Galicia en todas as instancias,

"non é o máis acaído que sexa a candidata do PP á Alcaldía de Agolada, sin estar acompañada por ninguén da Consellería do Medio Rural, quen fixera este anuncio". Por iso Queremos Parcelarias agarda unha comunicación oficial da Xunta a respecto deste compromiso, "logo de varios desenganos con xestións e promesas tanto da Alcaldía do PP coma do PAYJ".


Queremos Parcelarias destaca ademais que "os prazos dados por Seijas para o comezo destes estudos de viabilidade están bastante axustados no tempo, xa que o traballo de campo tería que levarse a cabo o vindeiro mes de xaneiro. Xa que logo, no que queda de mes de decembro debería haber notificación por parte de Medio Rural para cumprir coa palabra dada pola líder popular".

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page