top of page

Queremos Parcelarias en Agolada pide un ano despois a reunión que Inés Santé lle adiou á asociación

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Agolada

A Asociación Queremos Parcelarias en Agolada remitiulle o pasado día 28 á directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, unha carta para que poña data á reunión que lle adiara “por problemas de axenda” a este colectivo o pasado 12 de abril de 2021. Dende entón Queremos Parcelarias non volveu a ter nova alguna dende esta Dirección Xeral da Consellería de Medio Rural.

Por iso a asociación considera "que nun ano é tempo suficiente para ter un encontro, e dende o colectivo que representamos seguimos agardando pola reunión para tratar o asunto desta parcelaria pendente nestas parroquias”. Coa chegada de Santé á Consellería de Medio Rural, Queremos Parcelarias solicitáralle un encontro á nova directora xeral o 3 de novembro de 2020 “para tratar a situación na que se atopan os procesos de concentración parcelaria que afectan a dez parroquias do concello de Agolada e cal vai ser o calendario previsto pola Consellaría para levalas a cabo”. Dende a Asociación lembran que no ano 2009 xa foron tramitados e rematados os expedientes de traballos previos topográficos e ambientais da zona de Agra-Seixo-Val-Baíña e das parroquias de Berredo-Basadre-Eidián- Ramil. “Sen outra continuidade deses traballos no tempo”, incide.


Cronoloxía dunha espera

O 1 de marzo do 2019, o actual conselleiro visitou a zona afectada por estas parcelarias paralizadas e “sinalounos que a Xunta está a avaliar as 10 solicitudes de reestruturación parcelaria presentadas recentemente polos propietarios do concello de Agolada, que corresponderían con actuacións en dez parroquias (ás citadas anteriormente hai que sumar as de Brocos e Sesto) nun total de case 6.000 hectáreas”. Dende a Asociación lembran que daquela “o titular de Medio Rural comprometeuse a que os técnicos visitaran as parroquias afectadas por estes procesos co obxecto de ir avanzando as devanditas tramitacións”. 


Destacan ademáis dende Queremos Parcelarias que o montante investido rolda os 800.000 euros, e segundo dixo naquela reunión o conselleiro “non se poden perder”. “Pero dende esa xuntanza non tivemos ningunha noticia de que se fixese algún traballo na zona por parte da consellaría para sacar adiante estes procesos de concentración parcelaria”.


"Por iso e logo dun ano sen noticias da directora xeral e da Consellería do Medio Rural, e diante da importancia que estas concentracións teñen para a zona, con proxectos a implantar no territorio agardando pola Xunta de Galicia para implantarse no territorio, a Asociación Queremos Parcelarias ven de reiterarlle a Inés Santé “que a nosa petición de reunión teña lugar o antes posible”.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page