top of page

Queremos Parcelarias en Agolada dá a coñecer o programa das súas xornadas do día 12

Laura Moure/Agolada

A Asociación Queremos Parcelarias en Agolada organiza as primeiras xornadas formativas que levan por título Un rural con futuro onde se exporán e debateran unha gran variedade de temas colindantes co mundo rural e co seu futuro e necesidades de futuro, da man de expertos e representantes de diversos sectores. Esta iniciativa terá lugar o día 12 en Agolada.

ree

O colectivo deu a coñecer o programa da cita:

  • 11:00 horas: Benvida e presentación das xornadas a cargo de Juan Carlos Sánchez Fuciños, presidente de asociación Queremos Parcelarias en Agolada.

  • 11:15 horas: Intervención A oportunidade dos abonos orgánicos fronte a crise enerxética”, a cargo de Juan Carlos Insua, enxeñeiro agrónomo do C.I.A.M.

  • 11:40 horas. Intervención Opcións para a mellora das bases territoriais das explotacións, a cargo de Kiko Ónega, enxeñeiro agrónomo do Laboratorio de Territorio da USC e membro da asociación Europea da innovación.

  • 12:10 horas. Intervención A pluriactividade no medio rural, a cargo de Marcos Vázquez Marey, enxeñeiro, técnico agrícola e director MUVLICA.

  • 12:40 horas. Coloquio-Mesa redonda, na que participarán os tres poñentes, representante do sector cooperativista, representante da Asociación e moderará Eloi Villada Legaspi, extécnico agrícola e membro da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes.

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.
  • 14:00 horas. Peche da sesión matinal e pausa para xantar.

  • 14:30 horas. Xantar.

  • 17:00 horas: Intervención O castaño de froito, unha alternativa rendible en Galicia”, a cargo de Manuel López Vilariño, secretario da IXP Castaña de Galicia

  • 18:00 horas. Clausura das xornadas, a cargo de Luís Calvo, alcalde de Agolada.

NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page