Ecos da Comarca/Antas de Ulla

Como cada ano vaise levar a cabo unha nova plantación nas últimas fincas adquiridas por Quercus Sonora. Nesta ocasión trátase dunha hectárea de terreo rodeada de bosque autóctono na parroquia de Santiso de Antas de Ulla, moi preto da fervenza alí situada. Será este domingo 22 de decembro con punto de partida ás 10 horas dende a Praza do Concello de Antas de Ulla.
Publicidade

Quercus sonora leva anos comprando fincas plantadas de eucaliptos na comarca de A Ulloa arrancándoos e plantando castiñeiros ou carballos, as árbores autóctonas da zona e que cada vez quedan menos polos cultivos masivos de eucalipto en Galicia. "Árbore altamente incendiable, que propaga os incendios rapidamente e seu cultivo supón un gran consumo de auga e desgaste de nutrintes dos solos. A Ulloa é un dos últimos reductos de Galicia nos que quedan bosques de verdade, con especies autóctonas. Pero xa hai moitas manchas de eucaliptos". Quercus Sonora, con donacións, compra fincas onde plantaron esta especie e substitúeas por autóctonas.
Publicidade
"Necesitámosvos a todos xa que como vedes trátase dunha gran plantación cunha gran cantidade de árbores e diversidade de especies. Ademais precisamos: algunha pá máis, un mazo para cravar os tutores; guantes, quen poida que os traia para si mesmo e desbrozadoras, xa que temos dúas, pero se alguén se anima a desbrozar con nós virá estupedamente".
Comentarios