top of page

Queixas no Pino polo mal estado dunhas baldosas que "provocaron ao menos unha caída"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Actualizado: 29 ago 2022

Ecos da Comarca/O Pino

Visitantes que estiveron hai uns días pola localidade do Pino enviáronos fotos desta zona do casco urbano para denunciar publicamente o estado que presenta. Concretamente, trátase dun tramo da Avenida de Lugo.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Hai unha semana estabamos por alí e vimos como caeu unha señora e eu tamén estiven a punto de caer", lamenta unha viandante. Sinala que o obxectivo desta "fotodenuncia" é que se tomen as medidas necesarias para evitar que outra persoa sufra unha caída de maior gravidade.

Nas imaxes xa se apreza a pendente que ten esta zona ademais do mal estado no que se atopan varias baldosas, que incluso algunhas están levantadas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page