top of page

Queixas e distintas interpretacións polo tráfico na rúa María Colmeiro no acceso ao CPR María Inmaculada

Ecos da Comarca/Silleda

O BNG de Silleda manifesta o seu rexeitamento "á decisión do goberno municipal de enviar á Policía Local ás inmediacións do Colexio María Inmaculada para advertir ás nais e pais de que non poden deter uns segundos os seus vehículos para deixar as crianzas, chegando incluso a anunciar posibles sancións a quen non aparque previamente".

Nas últimas horas, numerosos veciños e veciñas trasladáronse ao BNG para expresar o seu malestar por unha medida que consideran “propia dun estilo autoritario”, xa que, segundo afirman, a alcaldesa actúa “como se Silleda fora a súa leira en lugar de asumir

a responsabilidade de facilitar a vida diaria da veciñanza”. Pola súa banda, o Concello remitiu onte un comunicado onde fai unha serie de puntualizacións entre as que destaca que "non se interpuxo ningunha sanción por parte da Policía Local por descargar nenos/as na calzada, como se está a dicir e a interpretar".

Pola súa parte, desde o BNG, cualifican esta actuación "de desproporcionada, ademais de evidenciar unha falta total de planificación en materia de mobilidade escolar". “Non se pode tratar ás familias como se cometesen unha infracción grave por realizar unha parada puntual nun horario perfectamente coñecido e que se repite todos os días”, sinalan desde a formación nacionalista.


O problema da circulación nas horas de entrada ao centro educativo non é novo, recalca o Bloque. Precisamente por iso, o BNG entende que o Concello debería ter previsto solucións organizativas e técnicas, e non recorrer á vía sancionadora. “A seguridade viaria é fundamental, pero debe abordarse desde o diálogo, a prevención e a ordenación do tráfico, non desde a ameaza de multas”, engaden.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O BNG de Silleda reclama:

  • A suspensión inmediata das advertencias e das posibles sancións ás familias.

  • A convocatoria dunha reunión coa dirección do colexio e coa ANPA para analizar conxuntamente a situación.

  •  A posta en marcha dun plan específico de mobilidade escolar, que inclúa alternativas como zonas de parada rápida, mellora da sinalización e presenza reguladora da Policía Local para garantir un tránsito seguro e fluído.


Desde o BNG lembran que gobernar é anticiparse aos problemas e ofrecer solucións, non trasladar a carga á cidadanía. “As familias merecen respecto, comprensión e medidas eficaces que compatibilicen a seguridade da rapazada coa conciliación diaria”.


A formación nacionalista conclúe que este "é un novo exemplo da necesidade dun cambio en Silleda, un cambio que representa o BNG: Hai outro xeito de facer as cousas, desde o diálogo, a planificación e o respecto á veciñanza, non desde a imposición nin a prepotencia”.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Comunicado do goberno local

"Ante as información publicadas hoxe (por onte) en medios de comunicación sobre o tráfico na rúa María Colmeiro nas horas punta de acceso ao CPR María Inmaculada, o Concello de Silleda informa do seguinte:

  • Primeiro: Non se interpuxo ningunha sanción por parte da Policía Local por descargar nenos/as na calzada, como se está a dicir e a interpretar. Só houbo unha única denuncia a un vehículo que estacionou enriba dun paso de peóns, deixando a persoa o vehículo pechado e impedindo o acceso neste paso.

  • Segundo: que os axentes da Policía Local acudiron na xornada do xoves e do venres para supervisar a situación logo das numerosas queixas recibidas no Concello por parte de usuarios da rúa e veciños da zona polo atasco que se estaba a producir a diario.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
  • Terceiro: Ante as citadas queixas, os axentes acudiron o lugar detectando que algúns vehículos se detiñan en pleno carril de circulación aínda estando o semáforo en cor verde.

  • Cuarto. A vista desta situación, a Policía advertiu verbalmente aos condutores/as de que deberían modificar este hábito, tamén por seguridade das crianzas.

  • Quinto: dende o Concello informan que está xa prevista a creación dos chamados espazos “bica e arranca” nas inmediacións do colexio no marco da intervención integral da rúa Santa Eulalia.

  • Sexto. Dende o Concello de Silleda vóltase a facer unha chamada á colaboración cidadá, ao tempo que se lamenta a desinformación ou mala interpretación arredor deste asunto".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page