top of page

Quedan prohibidas dende hoxe, 15 de abril, as queimas agrícolas e forestais de particulares

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Dende hoxe, luns 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia ata novo aviso. Quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos. Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste luns.

A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez

analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.

Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas

relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio

rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas

cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que

extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña

coñecemento, dado que desde este luns e ata novo aviso non está permitido o uso do

lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, a Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.



 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page