top of page
Foto del escritorIsmaelRS

Queda prohibido o baño e toda actividade acuática e de navegación no Encoro de Portodemouros

Detectouse a toxina microcistina, que é tóxica para os humanos e provoca alteracións gastrointestinais, reaccións alérxicas ou irritación


IsmaelRS/Arzúa/Agolada/Santiso/Vila de Cruces

A xefatura territorial de Pontevedra informou esta mañá ao Concello de Agolada, así como ao resto de municipios afectados, que Augas de Galicia acaba de detectar microcistina no encoro de Portodemouros. Esta foi detectada nos controis rutinarios que leva a cabo este organismo nos distintos embalses.


Debido a isto queda prohibido o baño e todo tipo de actividades, tanto acuáticas como náuticas, por orde da Consellería de Sanidade na área recreativa da parroquia agoladesa de Brocos, en Arzúa, Santiso e tamén en Vila de Cruces (no tocante as comarcas) ata que Augas de Galicia anuncie o fin da contaminación.


Protección Civil de Agolada procederá ao longo deste mediodía á colocación dos

carteis que anuncien esta prohibición en Brocos.


As Microcistinas (MCs) son toxinas peptídicas de baixo peso molecular, producidas por diferentes especies de algas cianofíceas (blue-green algae), fundamentalmente dos

xéneros Mycrocystis, Anabaena, Oscillatoria e Nostoc que medran a veces de forma

anormal en augas superficiais orixinando intoxicacións tanto en animais como en

humanos.

Encoro de Portodemouros. Foto de arquivo

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page