Esta intervención urxente foi feita con fondos propios do Concello
Ecos da Comarca/Agolada
Os operarios municipaisde Agolada acabaron este venres a intervención na ponte de Cristín, na parroquia de Borraxeiros. O Concello de Agolada levou a cabo unha intervención urxente debido ao estado que presentaba o seu firme. Debido a estes traballos, esta estaba cortada ao tráfico dende este martes e quedou aberta este venres despois do mediodía.
Cabe recordar e como xa anunciou o Concello en días pasados, que o firme presentaba socavóns, e tal e como explicou o arquitecto municipal, foi necesario abrir a ponte para consolidala, porque a situación que presentaba foi consecuencia das filtracións na base da terra que hai por debaixo da ponte.
Comments