Laura Moure
Como cada 17 de maio réndeselle un recoñecemento especial ás Letras Galegas na nosa comunidade. É un día para festexar a riqueza do noso idioma, a sorte de ter unha lingua propia, de berrar aos catro ventos que o galego é un tesouro.
Pero o realmente importante é que todos os días do ano as nosas letras teñan cabida na vida cotiá; que se empregue a diario; que os nosos cativos o falen; que se rompan con prexuízos e que se presuma, e moito, delas! Loitemos cada día pola nosa lingua, polas nosas letras!
Hoxe con motivo desta data tan especial nos distintos recunchos estanse celebrando actos para conmemorar esta festividade. ECOS DA COMARCA estivo na vila de Agolada que acolleu este mediodía un pasacalle a cargo do grupo tradicional do municipio Bico da Balouta. PREME NO VÍDEO PARA VER A CHEGADA DESTES MÚSICOS Á PRAZA DO CONCELLO:
Actuación de Bico da Balouta este mediodía na Praza do Concello de Agolada.
Autor:Ecos da Comarca.
Comments