top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Que o amor dure os 365 días do ano

Distintos negocios melloran estes días as ventas debido á campaña de San Valentín

Un dos detalles de Doces da Ulloa.

Laura Moure

O amor é o gran protagonista de hoxe, como cada 14 de febreiro. Esas catro palabras que tanto significan: cariño, comprensión, respecto, amizade, compañía... E non só existe este forte sentimento entre unha parella, senón entre amigos, cara a túa mascota ou sobre un mesmo, que é o amor máis auténtico e do que ninguén se debe esquecer. Ante todo, debemos querenos a nós mesmos. Ademais, é importante demostrar todo isto ao longo dos 365 días, pero hoxe faise máis fincapé. Esta data está servindo para que moitos negocios collan folgos despois da crise que estamos vivindo, xa que son múltiples os agasallos que se poden facer: flores, bombóns, perfumes, xoias ou calquera detalle que aposta pola personalización, sexa en persoa ou a través dos envíos, xa que o peche perimetral está separando a moitas parellas debido a que viven en concellos distintos.


"A verdade e que non nos podemos queixar. Nós fabricamos bombón artesanal e a parte dende Nadal traballamos algúns produtos gourmet, tanto galegos coma de fóra. Para este San Valentín, dada a demanda, decidimos contar con algo de pastelería. E o peche perimetral tampouco nos mermou en ventas", indican desde Doces da Ulloa, de Monterroso. Sen embargo, apuntan que "o que si baixou un pouquiño é a venta o por maior, pero aínda así para estes momentos estamos contentos". Están tendo sobre todo demanda de chocolote, moi personalizado con distintas frases, bombóns e distintas composicións.


Na véspera, máis movemento

As xoias sempre son un acerto e máis hai gran variedade que se axustan a cada gusto. "Somos un comercio adicado a xoiería e reloxería que levamos traballando dende o ano 2000. Isto dounos tempo a ver os cambios no mercado e vivir a anterior crise financieira. A diferencia con esta última neste intre as ventas están marcadas polos peches perimetrais e un horario reducido o que fai que moitos dos nosos clientes non poidan acudir o noso establecemento. Aínda así a véspera de San Valentín está a ser movida en vendas; o que máis se está a vender tanto en ouro como en prata son xoias que simbolicen a unión e o amor como corazóns, infinitos, aneis de compromiso,etc", indicaron onte desde Alca Joyeros, de Arzúa.


Xa saben: hoxe, e sempre, a desfrutar do amor!

0 comentarios

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page