Hoxe celébrase o día internacional desta enfermidade
Laura Moure
O segundo luns de febreiro celébrase o Día Internacional da Epilepsia. É un trastorno do sistema nervioso central (neurolóxico) no que a actividade cerebral vólvese anormal, o que provoca convulsións ou períodos de comportamentos ou sensacións inusuais e, ás veces, pérdida de conciencia. É unha patoloxía neurolóxica frecuente e ao redor dun 0,8% da poboación padécea. Realmente debemos falar das "epilepsias" ou síndromes epilépticos xa que o vocablo engloba unha serie de diferentes enfermidades que teñen en común a presentación con crises epilépticas recorrentes.
As crises epilépticas preséntanse como unha actividade neuronal aumentada fallando os habituais mecanismos de inhibición para controlar a actividade.
Todas as persoas poden ter epilepsia. Existen máis casos entre os nenos e as persoas de idade avanzada, pero pode empezar en calquera etapa da vida e existen distintos tipos ao igual que as crises, que non afectan por igual a cada doente.
Existen epilepsias benignas, habitualmente xeneralizadas, que se presentan durante a infancia e que desaparecen completamente ao longo dos anos, pero tamén hai epilepsias que persisten toda a vida. Pero máis do 70% dos pacientes con crises epilépticas están libres delas cun tratamento farmacolóxico adecuado.
Poden obter máis información en www.epilepsiasen.net
Comentarios