top of page

Publicada a orde das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante e á reposición de gando

A Consellería de Medio Rural amplía o orzamento destas nun 40%


Ecos da Comarca/Xeral

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde mediante a cal se amplía a dotación orzamentaria para as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante e á reposición de gando. Neste sentido, esta liña de achegas conta cun montante total de 175.000 euros, un 40% máis con respecto ao orzamento inicial, co fin de poder tramitar todas as solicitudes presentadas que cumpran os requisitos.


Estas achegas están destinadas a aquelas explotacións de gando bovino, ovino e cabrún

rexistradas en Galicia nas que, por indicación da autoridade competente, se teña levado a

cabo o sacrificio obrigatorio de animais durante a execución de programas ou actuacións

sanitarias de vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades como a tuberculose,

a brucelose ou a lingua azul, entre outras.

Por tanto, teñen por obxecto compensar as perdas ocasionadas como consecuencia do

sacrificio obrigatorio dos seus animais, principalmente no marco dos programas sanitarios

nacionais de erradicación de enfermidades que son de obrigatorio cumprimento. Neste

sentido, veñen a complementar ás indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais,

de tal xeito que se asegure a viabilidade das explotacións nas que se presentan estas

doenzas.


As axudas complementarias por lucro cesante están destinadas a compensar o período de

inactividade das explotacións nas que se determina o seu baleiro sanitario (sacrificio de

todo o gando), subvencionándose, en base ás marxes brutas medias das diferentes actividades produtivas, tanto o período de corentena (dende o sacrificio ata que a

Consellería do Medio Rural autoriza a incorporación de novos animais), como os tres

meses posteriores, no caso de que o gandeiro non repoña nese tempo o gando. Mentres

tanto, as axudas á reposición están destinadas á compra de animais para repoñer aqueles

que se sacrificaran por resolución da Consellería, en aplicación dos programas oficiais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Poden ser beneficiarias destas axudas todas aquelas persoas (físicas e xurídicas) e as

entidades que sexan titulares das explotacións afectadas. A intensidade das axudas é do

100% dos custos subvencionables e teñen un claro efecto incentivador por permitir o

desenvolvemento económico das explotacións bovinas, ovinas e cabrúas afectadas por

enfermidades. Cómpre lembrar que o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata

o día 29 de novembro de 2024.


Ligazón á orde no DOG:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page