top of page
Foto del escritorLaura Moure

Publicada a Oferta de Emprego Público do Concello de Silleda para o ano 2023

Volta a Silleda o programa Goza do Ulla cunha nova ruta de sendeirismo intermunicipal, entre Cira e San Miguel de Castro, na Estrada


Laura Moure/Silleda

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publica onte, mércores día 13, o anuncio ca Oferta de Emprego Público para o ano 2023 do Concello de Silleda. A proposta foi aprobada pola Xunta de Goberno Local o pasado día 10 de agosto. Na citada oferta contemplase tres prazas. Dúas delas, por quedan libre, e outra de promoción interna.


No primeiro dos casos convocarase unha praza de enxeñeiro/a (Grupo A1) e outra de arquitecto/a técnico/a (Grupo A2). Caso da praza da promoción interna, se convoca unha de Educador/a Social (grupo A2). Unha vez publicada tamén a oferta no Diario Oficial de Galicia, iniciarase o procedemento da convocatoria, ca aprobación da mesma, as bases do proceso e abrirase o prazo de presentación de solicitudes.

No BOP de onte tamén se publican as bases que rexerán o funcionamento do Viveiro de Empresas, que está xa a disposición das entidades e persoas emprendedoras interesadas.


Andaina

Por outra banda, o programa Goza do Ulla volta ao municipio de Silleda o vindeiro domingo 24 de setembro, cun roteiro de sendeirismo compartido co Concello de A Estrada. Este roteiro intermunicipal terá como protagonistas dúas parroquias limítrofes que pertencen a cadanseu municipio: a localidade silledense de Cira e a parroquia estradense de San Miguel de Castro.

Publicidade

O vindeiro domingo 24 celebrarase o percorrido, de aproximadamente 10 quilómetros, cunha duración estimada dunhas tres horas e con dificultade media. Trátase dun roteiro lineal que partirá da praia fluvial de Cira e rematará no Couto do Castro, en San Miguel. Discorrerá pola contorna do Castelo de Cira, invernadoiros desta última localidade e continuará paralelo entre o bosque de ribeira do Ulla, xa por terras estradenses, para rematar no miradoiro do Castro de San Miguel, onde os participantes poderán disfrutar dunha impresionante vista ao meandro do Ulla, sobre a Gundián Ponte Ulla e como fondo co Pico Sacro.


En autobús

O regreso está previsto que se faga en autobús ata o punto de partida. As persoas interesadas en participar poden xa anotarse no Concello de Silleda (presencialmente ou a través do teléfono 986 580 000). Recoméndase levar roupa e calzado cómodos e algo de bebida.


Publicidade

O programa Goza do Ulla é unha iniciativa conxunta de carácter turístico que xurdiu no ano 2011, sumando xa unha vintena de concellos nun programa que, sen apenas custos, serve para por en valor o territorio e dar a coñecer e promocionar o rico e valioso patrimonio dos territorios á beira do Ulla, vinculando municipios e comarcas. Os municipios que forman parte do programa, pertencentes ás provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra, son Antas de Ulla, Arzúa, Agolada, A Estrada, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón, Pontecesures, Palas de Reis, Rianxo, Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vila de Cruces,

Vilagarcía de Arousa e Vedra.


Cira, coñecida tamén coma a horta de Silleda, é o referente silledense da ribeira do Ulla. En anteriores edicións, esta localidade tamén foi protagonista do roteiro e compartiu percorrido con Vila de Cruces e outras áreas próximas. Dende o departamento municipal de Turismo a concelleira Paula Fernández Pena anima ao público a participar neste roteiro, que discorre en parte pola Rede Natura 2000.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page