Publicada a aprobación provisional das novas taxas da Escola de Música Municipal de Silleda
- Laura Moure
- 13 sept 2023
- 2 Min. de lectura
A ordenanza estará exposta ao público por un prazo de 30 días hábiles
Laura Moure/Silleda
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publicou onte, martes, a aprobación provisional da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo da Escola de Música Municipal do Concello de Silleda. Ditas tasas foron aprobadas en Pleno o pasado día 1 de
setembro e estarán en exposición pública polo prazo de 30 días hábiles.

As taxas que se viñan cobrando ata o momento datan do ano 2011, resultando insuficientes a que aportación municipal á escola –con senllos centros en Silleda e na Bandeira- e a das dúas bandas de música das que se nutre a escola, se incrementou nos últimos anos. “Hoxe en día contamos cunha Escola de Música Municipal con dous centros que é un orgullo para a veciñanza de Silleda e un exemplo a seguir para outras entidades”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña, lembrando que a escola foi medrando e prestando un servizo de moita calidade.
Publicidade
A actualización das taxas supón un incremento de 5 euros ao mes por asignatura. Asimesmo, establécese unha matrícula, (que se abona na práctica totalidade deste tipo de centros) de 30 euros por curso, que se destinará a sufragar gastos de xestión e a cubrir cuestións como o préstamo de instrumentos, que se fai ca práctica totalidade do alumnado, ou as clases de banda infantil e xuvenil.
Descontos
Tamén se establecen descontos por número de irmáns na escola, (do 20%) así como por familia numerosa ou persoas con discapacidade (do 40% nos dous casos), cuestión esta última que non figuraba ata o de agora na ordenanza.
Publicidade
Segundo o estudo de custes realizados dende o departamento de Intervención, a Escola de Música, contando con todos os servizos, personal municipal, gastos de mantemento, e outros supón un custe de 235.000 euros anuais, tal e como se informou no Pleno. Ca actualización, segundo consta no informe de custes, pasarán a recaudarse 22.575 euros máis ao ano procedentes das taxas.
A proposta de actualización foi realizada en coordinación ca asociación que xestiona a Escola de Música, integrada polas dúas bandas silledenses, a quen dende o goberno municipal se agradece o gran traballo que realizan na escola. “Consideramos que é unha proposta xusta que axudará a seguir mantendo ese nivel da escola, que no último curso contou cunha media de 250 alumnos e alumnas e 30 mestres/mestras” , engade o rexedor. As clases da Escola de Música arrancarán a vindeira semana nos dous centros municipais. A matrícula para o alumnado segue aberta ata este venres día 15.
Comentários