top of page

Publícanse as bases das axudas directas para hostalaría, lecer nocturno e ximnasios de Lalín

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"Será de 1.200 euros por local ou por actividade sen establecemento no caso da hostalería e dos ximnasios e de 2.400 euros por establecemento no caso do lecer nocturno"

Manifestación da hostalaría en Lalín hai meses.

Autor: AED.


Laura Moure/Lalín

O Concello de Lalín mediante Decreto da Alcaldía de data 8 de abril de 2021,no uso das atribucións que confiren os artigos 21.1.h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e o artigo 41.14 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, dispuxo avogar a competencia que ostenta a Xunta de Goberno Local e aprobar as bases reguladoras e a convocatoria das axudas extraordinarias directas a sectores especialmente paralizados: hostalería, lecer nocturno e ximnasios. As bases publicáronse hoxe no Boletín Oficial de Pontevedra.


As subvencións reguladas ao abeiro destas bases faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 0.431.479 ata un importe máximo de 250.000 euros , correspondente ao orzamento do Concello de Lalín para o ano 2021.


Beneficiarios

Poderán resultar beneficiarias destas axudas as persoas físicas e as persoas xurídicas así como as entidades sen personalidade xurídica do sector de hostalaría e do lecer nocturno así como as persoas titulares de ximnasios que desenvolvan a súa actividade no concello de Lalín. Os requisitos para poder solicitar as axudas son os seguintes:

  • Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social, salvo que non sexa de obrigado cumprimento.

  • Que se desenvolva unha actividade económica en situación de alta no Imposto sobre Actividades Económicas e encadrada nalgún dos epígrafes correspondentes ao IAE relacionados no Anexo I. Consideraranse negocios de lecer nocturno aqueles establecementos de discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas, de conformidade coa definición que destes establecementos se prevé no punto III.2.7 do anexo único do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Que a actividade se desenvolva no municipio de Lalín. Para aquelas actividades sen local determinado , deberán ter o seu domicilio fiscal no Concello de Lalín.

  • Estar afectados polo peche temporal de actividade establecido pola normativa sanitaria na orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, ou nas sucesivas ordes que se poidan ditar ata o momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

  • Deberán ser titulares da actividade económica con anterioridade á adopción destas medidas.

  • Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.

A axuda será de 1.200 euros por establecemento ou por actividade sen establecemento no caso da hostalería e dos ximnasios e de 2.400 euros por establecemento no caso do lecer nocturno, podendo ter a persoa ou entidade beneficiaria máis dun establecemento ou actividade con dereito a axuda.


Concederase unha única axuda por establecemento con independencia do número de persoas autónomas que desenvolvan a súa actividade no mesmo. A presentación de solicitudes individualizadas polas persoas autónomas que desenvolvan a súa actividade no mesmo establecemento entenderanse desestimadas.


Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a partires do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, desde mañá, mércores.


Os interesados poden obter máis información e consultar as bases en:


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page