top of page

PSOE: "O PP dalle unha patada á posibilidade de construir un centro de día no edificio polivalente"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"Está empeñado en arruinar o futuro de Rodeiro nos menos de dous meses que lle quedan no goberno local", lamentan os socialistas


Ecos da Comarca/Rodeiro

O PSOE de Rodeiro sinala que "xa temos a desfeita consumada". Di esto en relación a que "o PP está empeñado en arruinar o futuro de Rodeiro nos menos de dous meses que lle quedan no goberno local. Acaba de sacar a contratación unha nova fase das obras do edificio polivalente ou, mellor chamado, do mausoleo inútil que levantaron nas vellas casas dos mestres. Tal e como temiamos, e malia as propostas que lles fixemos, danlle unha patada á posibilidade de construir un centro de día nese inmoble e planifican un centro social, con salas de lectura e ata con espazo de hemeroteca", lamentan os socialistas.

"Señores do PP, é de sentido común atender antes ao imprescindible e despois ao necesario. Porque, se ter un centro social é positivo, contar cun centro de día ao que poidan ir as persoas maiores e dependentes que o precisen, sen ter que peregrinar cara outros concellos, é unha prioridade máxima. Matan vostedes moscas a cañonazos investindo case 200.000 nun centro social que, como outras dependencias municipais, estará sen apenas contido. Recapaciten e atendan ao imprescindible, que temos un concello con case 900 persoas maiores de 64 anos e, nin lles dan un servizo axeitado de axuda no fogar, nin lles habilitan un centro de día. Un goberno local que non coida dos seus maiores e dependentes é un goberno sen humanidade".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Así mesmo, sinala que "é ben triste que o exalcalde Lugués, delegado da Xunta de Galicia en toda a provincia de Pontevedra, procure cartos autonómicos para facer casas dos maiores en Agolada e Dozón e, sen embargo, non envíe un euro de inversión para Rodeiro. Aquí só vén facer política e tratar de colar que Cati Somoza non ten nada que ver coa nefasta xestión do goberno local nos últimos anos. Pero esquece Lugués que aquí o único que non ten memoria parece ser el, porque os demais sabemos que tanto Cati Somoza como el foron parte fundamental deste executivo". E recalca que "o PSOE, tal e como vimos demandando dende hai tempo, reclamamos que o centro polivalente dea cabida a un centro de día. E que estes case 200.000 que saen agora a licitación, procedentes da Deputación, que é a única Administración que da de comer a Rodeiro, non vaian para consumar ocurrencias inútiles. Que Cati Somoza sexa quen de parar ésa desfeita, cos cartos do plan concellos da Deputación de Pontevedra e se liciten acesos a aldeas e vías rurais que están abandonadas a súa sorte", conclúe.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page