top of page

PSOE e CXL consideran que a licitación agora do proxecto de Donramiro é "un engano" aos veciños


Ecos da Comarca/Lalín

O PSOE e Compromiso por Lalín pronúncianse de novo sobre o proxecto de Donramiro e sobre a perda de fondos europeos con respecto a esta actuación. Lamentan que a dous meses dos comicios municipais, o goberno local licite agora unha fase desta actuación e consideran que é "un engano á cidadanía".


Hai unha semana que dende o PSOE de Lalín afirmaron con rotundidade que o alcalde do municipio, José Crespo, ía perder, polo menos, 740.000 euros de Fondos Europeos por mor de non levar a cabo a Rehabilitación de Donramiro a tempo. Agora, resulta que darán comezo a unha fase do proxecto por un importe de 257.166 euros. “Isto supón perder medio millón de euros dos Fondos para este proxecto, que proviña do anterior Goberno”, expoñen.

Dende a bancada socialista aclaran que levan con permiso de Patrimonio dende agosto e por iso, pregúntanlle a Crespo, que fixo durante este tempo para non dar comezo a licitación e execución deste proxecto. Lamentan que a estratexia dilatoria de grandes obras do DUSI para evitar que se relacionaran co Goberno anterior levou ao Concello a poñer en risco o financiamento de obras moi importantes. “Seguiremos esixíndolle que lle explique á veciñanza de Donramiro e da nosa vila por que perderá medio millón de euros e cales foron os motivos para tanto retardo nunha obra que xa debería estar rematada o pasado ano. É un engano o que está facendo coa cidadanía”.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

A dous meses das eleccións dará comezo a unha das fases “para vender que si traballou

neste proxecto de rehabilitación e que tanta demanda tiña”, pero a realidade é “que sacan

unha licitación incompleta e non advirten da súa propia chapuza”. "Se Crespo lle dedicase

o mesmo esforzo a executar o DUSI que o que lle dedicou a modificar esta estratexia nun

claro afán revisionista, xa estarían acometidos todos os proxectos. Lembrar que en 2019

pedía comparecencias plenarias esixindo a axilización de proxectos e acusando ao

goberno de coalición da escasa execución do DUSI, mentres agora, catro anos despois, se demostra que a súa incapacidade xestora vai impedir rematar o plan e se van perder

fondos".


Os socialistas teñen claro "que co PP non hai garantías de que este proxecto, que era

ambicioso e rehabilitaría unha das zonas con máis historia da nosa vila, quede rematado. Con nós é posible. Nós temos claro que é un dos proxectos que levaremos a cabo”,

conclúen.


Pola súa banda, o candidato á Alcaldía de Compromiso por Lalín, Rafael Cuiña, considera que os termos da licitación para o proxecto de rehabilitación do núcleo de Donramiro constitúen “a proba definitiva e vergoñenta do engano total ao que someteu Crespo e o Partido Popular á veciñanza desa parroquia durante este mandato”. “Advertino por activa e por pasiva en diferentes ocasións e o tempo, unha vez máis, acaba por darme a razón”, afirma.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

A iniciativa, sinala, que se saca a concurso rebaixa ao mínimo as actuacións e o investimento previsto para a posta en valor dese lugar. Pásase así de falar dunhas obras por valor de 740.000 euros -ou incluso de 1,4 millóns de euros-, e que se ían financiar con fondos europeos conseguidos polo anterior goberno, a pouco máis de 250.000 euros. “Estamos a falar de moito menos da metade dos cartos comprometidos e anunciados en diferentes ocasións ás veciñas e veciños, que agora teñen motivos máis que sobrados para estar en pé de guerra contra o goberno municipal”, sostén. Comprométese a que el “estará sempre ao seu carón e pedirá as imprescindibles explicacións polas mentiras do actual alcalde”.

O candidato de CxL remarca que “non falamos dun engano máis de Crespo, senón dun ridículo espantoso do goberno municipal”. “Foron incapaces de xestionar o que lles deixamos preparado no ano 2019 e agora tratan de salvar á desesperada parte deses fondos europeos para autoconvencerse que non perderon os cartos”, argumenta. Porén, de portas para fóra, “xa non enganan a ninguén”.


"Perda de fondos" O certo é que, neste escenario, a preocupación alertada por Cuiña nos últimos meses pasa a ser “a práctica certeza de que o goberno local vai perder unha importante cantidade dos cartos da estratexia DUSI”. “Falan moito pero non fan nada”, o que neste caso “é aínda máis grave tendo en conta de que levamos meses advertindo da posibilidade de que chegásemos a un punto de non retorno cos fondos europeos”. Cuiña amósase convencido de que de non ser pola presión que fixo con este tema, animado polos veciños, o goberno local non tería feito absolutamente nada.

Cuiña di que para Crespo semella que con facer unha mínima xestión xa cumpriu coa palabra dada, pero subliña que “non vale con que digan que esta é unha primeira fase e que se van facer outras en sucesivas actuacións: o único certo é que o que non se execute dos DUSI este ano acabará por perderse”. Iso sen contar coa posibilidade de que xurdan contratempos administrativos e de execución que impidan que as obras de Donramiro estean xustificadas o 31 de decembro.


Por outra banda, Cuiña convida a Paz Pérez a informarse e a non realizar valoracións políticas baseadas en argumentos falsos. Nesta liña lémbralle que Compromiso nunca afirmou que existisen problemas con Patrimonio, “tan só nos limitamos a preguntar se este podía ser un dos motivos do retraso nestas actuacións”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page