top of page

Protección Civil de Boimorto recolle material básico para enviar aos afectados polo volcán da Palma

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O Concello de Santiso tamén colabora nesta causa e os interesados poden facer as súas achegas neste municipio antes do día 10 de outubro


Ecos da Comarca/Boimorto/Santiso

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Boimorto (@proteccioncivilboimorto) está facendo unha recollida de material para cubrir as necesidades básicas da poboación afectada polo volcán da Illa da Palma. O Concello de Santiso tamén se suma a esta causa. "Os veciños de Santiso que queiran colaborar neste proxecto poden achegar a súa axuda ao Concello antes do venres, día 10", informa o Concello de Santiso. "Posteriormente encargarémonos de que a reciban en Boimorto", engade.

O material que se necesita é: mantas, toallas, sábanas, útiles de aseo persoal, tanto para adultos como nenos, útiles de aseo feminino, xel, champú, pasta de dentes...

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page