O DOG publica este luns a resolución da convocatoria destinada a concellos de menos de 50.000 habitantes con agrupacións de voluntarios de Protección Civil
Laura Moure/Xeral
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da orde de axudas en equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Resultaron beneficiarios 86 colectivos, 26 da Coruña, 9 de Lugo, 28 de Ourense e 23 de Pontevedra, doutros tantos concellos ou mancomunidades. Entre estas figuran Protección Civil de Boimorto, Lalín e Vila de Cruces.
A Xunta investirá máis de 400.000 euros nesta liña de subvencións para a cesión de 8 remolques, 20 tendas de campaña para a atención ás emerxencias e 21 ferramentas eléctricas, así como 21 kits de material loxístico para a seguridade viaria e 16 de material para actuacións no medio acuático.
Publicidade
As entidades locais beneficiarias ás que, a través desta resolución, se lles concede o equipamento solicitado terán de prazo dez días hábiles desde a recepción da comunicación da resolución favorable para aceptar ou renunciar á subvención. O prazo estimado para a sinatura da acta de cesión do material será de tres meses desde a súa recepción.
Publicidade
Pese a que os servizos de emerxencias son competencia local -dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos municipios de menor poboación- a Xunta realizou nos últimos anos un importante investimento para reforzar o equipamento aos servizos de emerxencias dos concellos. Así, lévanse investidos 26 millóns de euros en material, dos que máis de 14 foron para equipar as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e a contía restante os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).
Publicidade
A Xunta de Galicia tamén apoia as agrupacións de voluntarios a través dunha cantidade destinada a sufragar os seus gastos de funcionamento con 340.000 euros anuais. No caso dos GES e dos consorcios provinciais de bombeiros e salvamento, a Administración autonómica asume máis da metade do seu custo anual de mantemento.
Así na comarcas:
Protección Civil de Lalín recibirá kits de ferramenta eléctricas para a atención ás emerxencias.
Protección Civil de Vila de Cruces recibirá un remolque para a atención ás emerxencias.
Protección Civil de Boimorto recibirá unha tenda de campaña para atención ás emerxencias.
Comments