Faráo en Basadroa, Borraxeiros, Brocos, Brántega, Vilariño, Ventosa e no auditorio
Laura Moure/Agolada
Protección Civil de Agolada levará a cabo charlas informativas sobre a avespa velutina (morfoloxía e características da avespa, trampas etc). Terán lugar nos locasis sociais de distintas parroquias do municipio desde mañá, xoves 15, ata o sábado 17.
Os horarios serán:
En Basadroa: xoves 15 de 20:00 á 20:45 horas.
En Borraxeiros: xoves 15 de 21:00 a 21:45 horas.
En Brocos: venres 16, de 20:00 a 20:45 horas.
En Brántega: venres 16, de 21:00 a 21:45 horas.
En Vilariño: sábado 17 de 19:00 a 19:45 horas.
En Ventosa: sábado 17 de 20:00 a 20:45 horas.
E no auditorio de Agolada: o sábado 17 de 21:00 a 21:45 horas.
Autor: Xunta de Galicia
Comments