top of page

Propietarios de montes comunais en Agolada denuncian que están sen cortalumes nin pistas

Comuneiros responsabilizan á Xunta dos efectos de posibles incendios por “3 anos sen facer nada”


Ecos da Comarca/Agolada

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Basadroa, Outeiro e Ramil, no concello de Agolada vén de remitir esta semana un escrito ao xefe provincial do servizo de incendios da Xunta de Galicia en Pontevedra, Manuel Francisco Gutiérrez no que lle transmiten “a súa responsabilidade” das consecuencias que puidera ter nestes montes un lume forestal, xa que aseguran que “temos un convenio subscrito que só figura no papel pero non da realidade” e do que o responsábel de incendios da Xunta “é coñecedor do seu incumprimento”.

Vista dende A Baíña dos montes queimados en Agolada. Autor: Ecos da Comarca.
Vista dende A Baíña dos montes queimados en Agolada. Autor: Ecos da Comarca.

Explica o presidente da Comunidade de Montes, Ánxel Méndez, que “levamos aguantando moito tempo e avisando desde comezos de ano, fixeron o proxecto pero sobre o terreo levan 3 anos sen facer nada e hai máis de dous anos que tiñan que ter feito cortalumes e pistas e non os fixeron”.


Diante da vaga de lumes e a afectación noutras parroquias do concello de Agolada esta mesma fin de semana, Ánxel Méndez remitiu por rexistro a súa “preocupación pola situación de abandono en que se atopa este monte por parte do servizo que vostede dirixe”, sinala en referencia ao responsable Manuel Francisco Gutiérrez.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Méndez explica que este monte comunal ten 350 hectáreas “moi ben coidadas polos comuneiros plantadas con piñeiro e frondosas do país” e mesmo contan cun corgo para que os helicópteros de extinción carguen auga “e outros dous construídos con fondos propios da comunidade onde están a cargar as cisternas dos tractores para apagar os lumes na zona”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Explica o presidente que desde a comunidade de montes “temos un convenio subscrito con eles, un proxecto de ordenación ao que nos obrigaba a lei pero que está só no papel, na realidade fixeron cero”. Méndez recoñece que “incendios hai e seguirá habendo pero hai que poñer medios para aminorar e atallar os seus efectos, neste caso desde a Xunta non se fixo nada”, di”.


ECOS DA COMARCA falou onte con gandeiros que se enfrontaron ao lume:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page