top of page

Prohicións de estacionamento e restriccións de tráfico en Silleda con motivo do Rallysprint

O Concello de Silleda colocará avisos nas tres rúas afectadas, tal e como se acordou na xuntanza de seguridade para a proba, que terá lugar o vindeiro sábado 18


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda colocará nas próximas horas carteis nos que se informará das restriccións de circulación e estacionamento con motivo da celebración do I Rallysprint Concello de Silleda, que se celebrará o vindeiro sábado 18. Estas medidas afectarán a tres rúas: Pintor Colmeiro (onde se situaráo Parque Pechado); rúa da Estación (na que estará o Parque de Traballo) e a rúa Progreso, para a realización das verificacións técnicas e administrativas.

Tamén se colocarán avisos nas comunidades de edificios afectados, para informar dos horarios nos que as persoas residentes poderán acceder aos garaxes.


No caso da rúa Pintor Colmeiro, quedará prohibido estacionar xa dende o xoves día 16 ás 16:00 horas. Cortarase ao tráfico dende o venres ás 8:00 horas e ata finalizar a entrega de premios.


Na rúa da Estación, non se poderá estacionar dende o venres ás 8:00 horas. O tráfico quedará pechado dende o venres e ata o sábado ás 22:00 horas (poderase acceder aos garaxes dende o venres ás 16:00 e ata o sábado ás 8:00 horas).


No caso da rúa Progreso, está prohibido estacionar e circular dende o cruce con Condes do Deza, dende o venres ás 16:00 horas e ata o sábado ás 13:00 horas. Tamén se permitirá o acceso a garaxes para residentes dende o venres ás 22:00 e ata o sábado ás 7:30.


Publicidade

Restriccións na zona de Escuadro e de Martixe

Así mesmo, dende a organización xa se enviaron comunicacións a todas as vivendas das zonas por onde pasará o Rallysprint, con dous tramos: na zona de Escuadro e de Martixe, informando dos horarios de pasada e os cortes dos viarios afectados.


Na reunión de seguridade deste luns e participaron membros da Escudería Silleda, que se estrea con esta proba, o xefe da Policía Local, axentes da Garda Civil e por parte do Concello a alcaldesa, Paula Fernández e a concelleira de Deportes, Mónica González.


0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page