top of page

Produtores advirten en Monterroso que Altri é "unha ameaza imposta que pon en perigo o modelo socioeconómico do corazón de Galicia"

Representantes dos distintos sectores das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa fixeron un manifesto contra a macrocelulosa


Laura Moure/IsmaelRS/Monterroso

Gandeiros, labregos, queixeiros, apicultores, establecementos de comercialización e do ecosistema da gastronomía déronse este martes cita na Área Recreativa da Peneda (Monterroso) para presentar o “manifesto das persoas produtoras” das comarcas da Ulloa, Deza, Terra de Melide e Arzúa sobre os efectos que o proxecto de Altri para instalar unha

macrocelulosa en Palas de Rei terían para o territorio. Ana Corredoira (Granxa A Cernada) Marta Álvarez (Granxa Maruxa) e Natalia Varela, apicultora e membra da Plataforma Ulloa Viva leron o manifesto que alerta do impacto socioeconómico, medioambiental e cultural que podería provocar na zona o Proxecto Gama de Altri-Greenalia

Varela, Corredoira e Álvarez. Autor: Ecos da Comarca.

Produtores en ecolóxico, hosteleiros das zonas, representantes das Denominacións de

Orixe Tetilla e Arzúa Ulloa (a segunda en volume de ventas no Estado), organizacións coma o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), expresaron onte

en Monterroso a preocupación que existe entre os produtores das zonas afectadas diante

da “ameaza” que supón a instalación dunha industria pesada no corazón de Galicia.

No manifesto, suscrito por máis de 25 persoas produtoras da Ulloa, o Deza, Arzúa e Terra

de Melide, explican que “somos fillos dunha paisaxe que nos alimenta, que é o noso fogar.

Somos irmáns de terra, aire e auga”. Dende Monterroso, explican que “temos que denunciar que o noso territorio está en perigo. A nosa biodiversidade, hábitats de elevadísimo valor ecolóxico e paisaxístico, está en perigo. A nosa auga, un ben para as comunidades naturais, patrimonio que nunca debería cederse ao interese económico en detrimento do seu papel ambiental e vital para as especias, entre elas a nosa, está en perigo”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O manifesto das persoas produtoras refírese ademais a outras ameazas, asegurando que

“o noso tecido socioeconómico, que resultou ser un modelo exitoso de fixación de poboación e de cohesión territorial, está en perigo. O noso sistema agrogandeiro, cun peso

importante das producións diferenciadas e garantistas cos obxectivos recollidos nas

políticas do marco europeo, está en perigo; do mesmo xeito que está en perigo o noso

modelo de desenvolvemento industrial, ligado en gran medida a ese sistema agrario, que

permite pechar o ciclo produtivo e valorizar o noso territorio e as nosas produccións. A nosa propia vida, a nosa saúde, tamén se enfronta a unha ameaza sen precedentes”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Estas persoas produtoras das comarcas amosaron no mesmo acto de lectura do seu manifesto, unha mostra dos seus produtos, os que cultivan, coidan, elaboran, transforman

e comercializan dende o territorio das comarcas, produtos de calidade que poderían ver

perigar o seu futuro de instalarse a macrocelulosa en Palas de Rei. Defenderon "o tecido socioeconómico que está a desenvolver a economía desta contorna no corazón de Galicia,

e que os ten levado a ter taxas de desemprego ata 3 puntos por debaixo da media galega".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page