top of page

Prodúcese un incendio forestal en Melide preto das vivendas

Ecos da Comarca/Melide

Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa foron alertados este martes, ao redor das 12:45 horas, para extinguir un incendio nunha finca situada na Rúa Furelos, no termo municipal de Melide, próxima a varias vivendas. O lume afectou aproximadamente 10 metros cadrados de pasto.

O lume de hoxe. Autor: Consorcio Contra Incendios da Coruña.
O lume de hoxe. Autor: Consorcio Contra Incendios da Coruña.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A intervención permitiu a rápida extinción e o arrefriado da zona, evitando así a propagación ás vivendas próximas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No operativo participaron tamén a Brigada Forestal de Arzúa, a Cuadrilla Forestal de Melide e a Garda Civil.


Cabe mencionar que dende o venres, este é o terceiro lume forestal orixinado en Melide preto de casas. Ademais, tamén houbo outro que afectou na madrugada do domingo outra finca urbana, pero neste caso foi porque se orixinou o lume nun coche estacionado alí ao lado. 


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page