Prodúcese un incendio e un accidente en Monterroso
- ecosdacomarca
- 19 ene 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
Esta mañá o GES de Monterroso tivo dúas intervencións nesta localidade: por un lado, un accidente e por outro, un incendio.

Sobre as 12:30 deste mércores o 112 Galicia foi alertado por un lume nunha casa en Monterroso. Ardeu unha chimenea nunha vivenda situada na rúa General Salgado. Tal e como informa o GES de Monterrose ardeu a feluxe. "Colleu moita temperatura polo que arrefriamos a zona ata que baixou. Informaron aos bombeiros, pero xa non se achegaron ao punto", indica o GES.
Tamén sinala que tivo que desprazarse a un accidente de tráfico ás 9:30 horas. "Tratouse dunha saída de vía na rotonda do polígono, na N-640 na entrada de Monterroso. Saldouse sen feridos", subliña.
Comments