top of page

Preto dun centenar de persoas participou nun paseo guiado pola Ruta das Corredoiras en Arzúa

7 abr 2025
2 min de lectura

Unha actividade organizada pola concellería de Turismo de Arzúa, encabezada por Begoña Balado, en colaboración co influencer galego Guido Guía e co director do proxecto Patrimonea, Darío Rey



Laura Moure/Arzúa

Preto dun centenar de persoas participou o sábado nun paseo guiado pola Ruta das Corredoiras, unha actividade organizada pola concellería de Turismo de Arzúa, encabezada por Begoña Balado, en colaboración co influencer galego Guido Guía e co director do proxecto Patrimonea, Darío Rey.


A iniciativa, que se enmarca dentro da estratexia de promoción “Arzúa Destino Verde”, tivo como obxectivo poñer en valor o patrimonio natural e histórico da vila e da súa contorna. A andaina arrancou ás 11:00 horas na Praza de Galicia e prolongouse ata as 14:00 horas, ofrecendo aos asistentes unha experiencia inmersiva polas corredoiras tradicionais que circundan a parroquia de Pantiñobre.

A Ruta das Corredoiras é un itinerario circular de 15 quilómetros que permite aos camiñantes mergullarse na paisaxe rural de Arzúa. O percorrido reúne unha antiga rede de camiños veciñais, utilizados durante xeracións polos habitantes da zona, e conecta espazos de gran valor patrimonial, como a capela de San Xoán de Navas ou a Casa dos Frades.


Durante o traxecto, os participantes puideron coñecer a riqueza do territorio da man de Guido Guía, quen achegou unha ollada divulgativa e inspiradora, destacando a importancia de conservar e difundir a memoria das corredoiras como parte esencial da identidade local.


O roteiro inclúe ademais un tramo do histórico Camiño Francés, vía milenaria que reforza a condición de Arzúa como punto clave do turismo cultural e espiritual en Galicia.


A concelleira Begoña Balado salienta “a importancia de promover actividades que poñan en valor o noso patrimonio e fomenten un turismo sostible e de calidade, no marco de Arzúa como Destino Verde”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con esta acción, o Concello de Arzúa reafirma o seu compromiso coa dinamización do territorio a través de iniciativas que combinan natureza, historia e participación cidadá.


Ao rematar a ruta na praza da vila, os senderistas participantes, puideron gozar a Festa da Gaita Galega e Cantos de Taberna, así como dunha xornada na que non se perderon a rica gastronomía local, de Arzúa.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page