Preto dun centenar de escolares silledenses coñecen a finca e o laboratorio de Mouriscade
- Laura Moure
- 14 oct 2022
- 2 Min. de lectura
Estudantes dos CEIP de Silleda e da Bandeira e do CPR María Inmaculadavisitan estes días as instalacións da Deputación de Pontevedra no centro lalinense
Laura Moure/Lalín
Rapaces e rapazas de Silleda están a visitar nestes días as instalacións da finda de Mouriscade, da Deputación de Pontevedra, que vén de poñer a disposición dos centros educativos, asociacións e outros colectivos organizados a realización de visitas guiadas e gratuitas. Así, na primeira xornada de apertura, o pasado día 11 pasaron por Mouriscade alumnos e alumnas do CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira e do CEIP Plurilíngüe de Silleda, que coñeceron as instalación deste centro de referencia en Galicia de análise e investigación avanzada sobre a alimentación, e das as enfermidades e a xenética dos animais, especialmente das vacas da raza frisona, así como do gando porcino e da cabana das aves.
O vindeiro martes día 18, tocarálle o turno ao grupo do CPR MaríaInmaculada, que tamén achegará unha expedición a Mouriscade, onde traballa un equipo de máis de 30 profesionais de distintas áreas, co obxectivo de mellorar o coidado, a nutrición, a saúde e a produción de leite dos animais.

As visitas estánse a repartir en tres áreas, dun xeito especialmente didáctico e ameno para o público máis novo con visitas ao laboratorio, con medios de última xeración para coñecer a calidade dos alimentos do gando e previr enfermedades e no que tamén se analizan auga e xermes.
A granxa e 44 hectáreas
A granxa é outra das zonas que máis está a gustar ao alumnado, ca mellora xenética do gando a través da transferencia embrionaria. Nacen tenreiras dos mellores exemplares, e grazas ao seu labor as gandeiras e gandeiros poden ter animais máis saudables e produtivos. Ademais, os refugallos producidos na Finca Mouriscade utilízanse na fabricación de enerxía para autoconsumo na planta de biogás. A visita complétase ca zona de terras de cultivo, nunha superficie de 44 hectáreas da que gran parte está destinada a cultivos de millo e praderías que permiten realizar ensaios para mellorar a alimentación do gando, ademais de investigar sobre os fertilizantes.
Dende a Concellería de Educación de Silleda, que colaborou na organización das visitas, agradécese á Deputación de Pontevedra estas interesantes expedicións, que permitirán a preto de 100 rapaces e rapazas de Silleda coñecer de preto o interesante traballo do centro de Mouriscade.
Comments