Trátase dunha aposta lúdico educativa que chega a esta localidade dezá por segundo ano consecutivo, do 27 de xuño ao 1 de xullo
Laura Moure/Silleda
Silleda acollerá durante a vindeira semana, do 27 de xuño ao 1 de xullo os obradoiros de A Vila do Mañá, unha aposta lúdico educativa que nos últimos anos se desenvolveu en distintas localidades galegas e que chegou tamén ata San Paulo, no Brasil. Unha vez pechado o pasado venres 17 o prazao de inscrición, o campamento contará ca participación dun total de 78 nenos e nenas que disfrutarán con actividades e intervencións relacionadas ca arte e a arquitectura en horario de mañá e de tarde, e sen custe algún para as persoas usuarias.

Como podemos recuperar a identidade das novas vilas e cidades? Como poderían volver a ser novo lugar de encontro e intercambio….? Algunhas destas cuestións levaron no seu día ao estudo PØSTarquitectos a crear o proxecto A Vila do Mañá, unha iniciativa educativa e de divulgación para que dende a dinámica do xogo a infancia tome conciencia de todas as escalas do común: a arquitectura, o patrimonio tanxible e intanxible, o urbanismo e a paisaxe.
Actividades gratuítas
Estes obradoiros, para nenos e nenas a partir de 5 anos, do termo municipal con distintas actividades coordinadas por personal monitor que se desenvolverán en horairo de mañá e de tarde nas rúas e espazos públicos de Silleda. As actividades, organizadas polas Concellerías de Cultura, de Educación e de Urbanismo, son gratuítas. O punto de referencia para as persoas usuarias será, ao igual que aconteceu na primeira edición, en 2021, o pavillón municipal César G. Fares.
O reto principal é que a infancia e a adolescencia estean presentes de forma activa no proceso de construción dos espazos comúns, dotándoos das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade dende a arte e a arquitectura. “O fin é provocar neles e espertar unha nova mirada sobre os espazos nos que desenvolven a súa vida”, explica Sandra González, promotora da iniciativa. “É importante que dende pequenos coñezamos o valor do noso territorio para ser conscientes e saber coidalo o día de mañá”, explica.
As actividades que se plantexan nos obradoiros estructuraránse a través de seis conceptos fundamentais: a percepción, o espazo, a paisaxe, a escala, a sustentabilidade, a vila, e con ferramentas coma o punto, a liña o plano e o elemento tridimensional. Dende o Concello de Silleda contactarase nesta mesma semana cas familias para proceder a darlle as indicacións precisas sobre a participación nestas actividades.
Comments