top of page

Preto de 7.400 axentes garantizarán a seguridade na xornada electoral do 18F en Galicia

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O operativo estará composto de axentes da Policía Nacional, Garda Civil, Policías Locais e Policía adscrita á comunidade autónoma


Laura Moure/Xeral

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, informou do dispositivo de seguridade habilitado pola Delegación do Goberno en Galicia para garantir a normalidade na xornada electoral do próximo domingo, 18 de febreiro. Serán un total de 7.364 efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade estatais, autonómicos e locais que velarán pola seguridade no exercicio do dereito ao voto o día das eleccións ao Parlamento de Galicia.


En concreto, a Garda Civil despregará 4.178 axentes e a Policía Nacional, contando coa Unidade de Policía Adscrita, outros 2.182 axentes. Pola súa banda, os distintos corpos de Policía Local mobilizarán 1.004 axentes.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Por provincias

Por provincias, na Coruña o dispositivo estará formado por 2.617 axentes (1.454 da Garda Civil, 792 de Policía Nacional e Policía adscrita e 371 da Policía Local); 1.133 na provincia de Lugo (774 da Garda Civil, 266 de Policía Nacional e Policía adscrita e 93 da Policía Local); 1.132 en Ourense (770 da Garda Civil, 267 de Policía Nacional e Policía adscrita e 95 da Policía Local), e 2.481 en Pontevedra (1.180 da Garda Civil, 857 de Policía Nacional e Policía adscrita e 445 da Policía Local).


A Delegación do Goberno ten as competencias en materia de seguridade nos procesos electorais. Entre as súas funcións está a de garantir a seguridade cidadá no exercicio dos dereitos e liberdades no día da votación; a vixilancia e protección de infraestruturas críticas, así como a ciberseguridade de todo o proceso e os dispositivos dos colexios electorais e as súas proximidades, e a coordinación das Forzas de Seguridade do Estado coas corpos autonómicos e locais.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O dispositivo, que estará operativo desde primeira hora da mañá e ata que se faga público o reconto de votos, velará por que a xornada electoral decorra sen incidencias nos 2.346 colexios electorais repartidos pola comunidade. Neles poderán exercer o seu dereito ao voto 2.217.089 persoas electoras residentes en Galicia das 2.696.177 que compoñen o censo electoral na comunidade. As restantes 476.544 corresponden ás persoas electoras residentes no estranxeiro (CERA).

 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page