top of page

Presentan en Melide a nova Oficina Móbil de Atención ao Peregrino

Permite unha atención máis próxima e efectiva ao participar axentes policiais de varios

países


Laura Moure/Melide

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, acompañado polo primeiro tenente de alcalde, Jose Antonio Prado, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Xosé Igrexas, acudiu ao acto de presentación da nova Oficina Móbil de Atención ao Peregrino que se presentou na parroquia melidense de Santa María. O acto, presidido pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López, contou tamén coa participación do Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina.


Durante o acto, a subdelegada do Goberno destacou que a Oficina Móbil de Atención ao Peregrino permite unha atención máis próxima e efectiva aos camiñantes ao participar axentes de varios países. María Rivas indicou que neste ano retómase a colaboración con corpos de seguridade doutros países que foi interrompida en 2020 por mor da pandemia.


En total haberá 27 efectivos no Camiño Francés durante os meses de xullo e agosto procedentes dos corpos de seguridade de Francia, Portugal de Italia. Este ano, engadiu, houbo presenza das policías de Brasil, Alemaña e Reino Unido durante a semana anterior e posterior ao 25 de xullo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page